• A EMMeD de Ribadeo non pecha por vacacións no Nadal

    Este Nadal a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo non pecha polo Nadal. O profesorado da EMMeD de Ribadeo, impartirá diferentes obradoiros gratuítos entre os días 26 e 29 decembro. Trátase de:

    • Xornadas de danza e piano: 26, 27 e 28 de decembro

    10.00 a 11.30 horas: Danza clásica (alumnas de ballet 2 e 3)

    11.30 a 12.30 horas: Danza contemporánea (alumnado de 8 a 10 anos)

    12.30 a 13.30 horas: Danza contemporánea (alumnado a partires de 10 anos)

    *As clases terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval

    • Obradoiro de informática musical. Edición de partituras: 26, 27 e 28 de decembro de 10.00 a 13.00 horas.
    •  Obradoiro de Música tradicional: 28 e 29 de decembro

    Percusión tradicional – 28 e 29 de decembro de 16.00 a 20.00 horas

    Gaita – 29 de decembro de 16.00 a 20.00 horas

    *Alumnado de 8 anos en diante

    • A música programática: conto musical (sección de corda fretada): 27 e 28 de decembro, 3 e 4 de xaneiro, entre as 11.00 a 13.00 horas

    *Alumnado de 10 anos en diante con coñecementos en instrumentos de corda fretada.

    • Obradoiro de guitarra: 26, 27 e 28 de decembro de 11.00 a 14.00 horas.

    *Alumnado de 10 anos en diante con coñecementos en guitarra.

    • Obradoiro de construción de instrumentos rudimentarios: 26 de decembro de 17.00 a 20.00 horas.

    *Alumnado de 4 a 8 anos.

    Para máis información e inscricións podes contactar coa Escola, no teléfono 982 130 856 e máis no blogue http://emmedribadeo.wordpress.com.

    Compárteo!
    Post Tagged with , , ,
Comments are closed.