• A Banda Municipal de Ribadeo remata os actos do seu 20 aniversario

    Ao longo de 2012, a Banda Municipal de Ribadeo celebrou o seu vinte aniversario. Concertos, exposicións, actos de reencontro entre músicos que pasaron ou que forman parte agora da Banda e máis a elaboración dun documental que percorre estes 20 anos foron algúns dos actos que se celebraron co gallo do aniversario da formación ribadense.

    Aquí vos deixamos o documental “20 anos de Banda. Miña.Túa.Nosa”, producido pola asociación Amadores da Música, dirixido e guionizado por Suso López e coa realización e edición de elfarero.

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.