• CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2013

    letras galegas

    CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL

    LETRAS GALEGAS 2013

     

    -Convocatoria Local-

               A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “EL VIEJO PANCHO”  DE RIBADEO convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2013 (Fase Local), de acordo coas seguintes BASES:

    1ª/ Poden participar tódolos nenos e nenas con:

          -A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha  soa cara sobre o tema que se propón a continuación:

    • A TODA MÁQUINA.

          -B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de  DIN A4 (folio), sobre o tema que se propón a continuación:

    • A TODA MÁQUINA.

      2ª/ Cada autor pode presentar cantos traballos desexe. No reverso de  cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor.

    3ª/ Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.

    4ª/ O prazo de presentación rematará o vindeiro 9 de maio, debendo ser entregados na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

    5ª/ O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

    6ª/ Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

    7ª/ O fallo do xurado local farase público despois do DÍA DAS LETRAS    GALEGAS.

             8ª/ Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca     Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

             9ª/ Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo  xurado.

            10ª/ A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.

    Compárteo!
Comments are closed.